Seminario Final Proxecto Polbo 2016

Nos días 14 e 15 de outubro, celebraremos o Seminario Final do Proxecto de “Avaliación da pesquería do polbo en Galicia 2016“, o seminario pretende buscar as directrices para a mellora e reformulación da xestión actual da pesquería do polbo.

Para isto contaremos coa presenza da Administración de Galicia e doutros territorios, científicos e técnicos, representantes da sociedade civil, e unha amplia representación do sector pesqueiro de distintas zonas e por suposto de todas as confrarías de Galicia.

O seminario dividese en dúas xornadas. O venres 14 a xornada técnica onde pretendemos facer un análise da situación actual da pesquería, e o sábado 25 unha xornada participativa onde poderán participar os profesionais na busca de propostas para mellorar a xestión no futuro.

+ Info do Proxecto: http://www.opaga.es/pesqueriadopolbo/

Cartel     Programa

No se admiten más comentarios