Reunións Comercialización OPAGA 2016 (Continuación das sesións de xullo)

O próximo día 28  celebraranse dúas reunións sobre comercialización organizadas na sede da Federación  Galega de Confrarías de Pescadores (Ames).

  • Novo Taller de comercialización e trazabilidade 2016 ás 10:00 horas A temática do taller é “a comercialización e a valorización dos produtos”, na que participarán dous expertos (Clusaga e Quadralia) para falar da situación dos mercados e das tendencias na comercialización, ademais de analizar os retos para a valorización dos produtos, e haberá un debate aberto cos participantes.
  • 3º reunión grupo de traballo do “Portal Galego dos produtos do mar” ás 12:00 horas Na última reunión do ano concretarase a denominación do proxecto (nome e logotipo), os participantes e as propostas para os contidos do portal.

Ambas iniciativas están encadradas dentro do plan de anual de actividades de OPAGA, que ten por obxectivo a potenciación e mellora da comercialización dos produtos da pesca artesanal e o marisqueo de Galicia.

Para incribirse, contactar con info@opaga.es

No se admiten más comentarios