PORTAL GALEGO DOS PRODUTOS DO MAR

A comercialización dos produtos do mar no contexto actual, ten que adaptarse as novas formas e canles para chegar o consumidor. As organizacións de profesionais da pesca e do marisqueo están desenvolvendo iniciativas de potenciación e posta en valor dos seus produtos, pero moitas veces o gran público, no sabe como localizar estas iniciativas ou diferenciar cales proceden do sector artesanal.

Coa intención de agrupar e facilitar a identificación e localización das marcas, denominacións comerciais ou iniciativas de venta dos pescadores e mariscadores de Galicia, OPAGA pretende crear un Portal ou plataforma web que sirva como referente da comercialización dos produtos do mar da flota artesanal e garanta o produto sostible e de calidade.

Para desenvolver esta iniciativa queremos contar con todas as confrarías de pescadores e outros colectivos que velan pola comercialización dos nosos produtos.O proxecto tera como obxectivo final a creación do portal, pero polo camiño haberá que definir contidos, participantes...etc

O espírito do proxecto pasa por unir forzas, defender a actividade sostenible e os produtos da pesca artesanal e do marisqueo.

 

No se admiten más comentarios