PESQUERIA DO POLBO

 

A captura de polbo representa unha actividade estratéxica para a flota artesanal de artes menores en Galicia. Durante a última década fixéronse feito moitos esforzos para regular e organizar esta actividade, presente en todos os portos e confrarías. No actual marco de desenvolvemento da Política Pesqueira Común, a xestión da pesca debe pasar pola elaboracións de plans de xestión plurianuais deseñados por todas as partes implicadas na pesqueira.

A situación actual precisa dun análise e avaliación da pesquería de Polbo, de cara a garantir a sostenibilidade e eficacia da actividade.

Para isto dende OPAGA e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores votamos a andar esta iniciativa. Neste proxecto consultarase os pescadores, haberá en talleres para buscar melloras na xestión e finalmente pretendemos acordar entre todas as partes, nun seminario final, cales deben ser os próximos pasos para mellorar a xestión do Polbo en Galicia.

 

No se admiten más comentarios