Trátase dun proxecto de ámbito internacional que naceu como un consorcio entre o sector pesqueiro, representado polo Consello Consultivo Rexional do Sur (CCR-Sur) e os órganos científicos e administrativos de España, Francia, Portugal e Irlanda.
O proxecto consta de sete casos de estudios e OPAGA, xunto con outras OP's participa no caso de estudio " Pesquerías mixtas de Augas Ibéricas Atlánticas".
GEPETO plantexa unha nova forma de traballo na que o sector pesqueiro e os científicos colaboran na definición dun novo modelo de pesca, xunto a ONGs e administracións.
Algúns dos obxectivos máis importantes a perseguir son os seguintes:
- Elaborar proposións de xestión das pesquerías a longo prazo
- Mutualizar os coñecementos dos científicos e dos profesionais para chegar a unha comprensión común da xestión da pesca
- Permitir aos profesionais da pesca ser forza de proposición e participar na elaboración de propostas sobre o futuro da súa profesión
- Realizar unha nova cartografía, un Atlas de pesquerías onde se poderán identificar as principais unidades de xestión.
Os días 8 e 9 de xullo de 2014 foron presentados na cidade de Vigo os resultados do proxecto.
Aquí che presentamos os informes finais do caso de estudio "Pesquerías mixtas de Augas Ibéricas Atlanticas":
a)- Informe final: caso de estudio da flota dedicada á pesquería do polbo no noroeste ibérico
b)- Informe sobre o valor dos productos
c)- Proposta da mellora da xestión actual da flota do polbo en Galicia
Link: www.gepetoproject.eu;